domingo, 2 de novembro de 2025

🌈✨ OBRADOIRO PLASTILINA CONDUTIVA!

Ola, pequenos inventores e inventoras!
Durante o mes de outubro fixemos algo moi especial: o primeiro obradoiro de plastilina condutiva 🎉. Si, si, plastilina... que conduce a electricidade!
Descubrimos que hai plastilina condutiva (que deixa pasar a electricidade). Aprendemos a facer circuitos eléctricos moi sinxelos, usando luces LED, pilas e cables. E o mellor de todo… ¡as nosas creacións iluminábanse de verdade! 💡
Ademais de xogar coa ciencia, tamén houbo espazo para a creatividade. Cada neno/a elaborou as súas propias esculturas luminosas, combinando arte e tecnoloxía nunha mestura perfecta de STEAM.
Foi unha actividade chea de risas, cores e descubrimentos. Agradecemos moitísimo a todos os nenos e nenas que participaron.
E se non puideches vir… ¡non pasa nada! Moi pronto faremos outro obradoiro para seguir creando cousas brillantes coa electricidade e a plastilina máxica. ⚡🎨



Ningún comentario:

Publicar un comentario

A FORZA DO LILA: "UN RETO POLA IGUALDADE” Este mes de novembro, coincidindo co mes da igualdade de xénero e da non violencia 💜,  O  no...