venres, 29 de maio de 2026

AS PORTAS DO GRAN MUSEO ESTÁN A PIQUES DE ABRIRSE...!

Como xa sabedes, os próximos 4 e 5 de xuño o noso cole abrirá as súas portas para encher de vida o gran museo da "Vida Secreta dos Obxectos" 🗝️⏰📚 Ao longo de todo o curso, o noso alumnado traballou arreo nun proxecto tan especial como orixinal, investigando, creando, descubrindo e deixando voar a súa imaxinación. E agora chegou o momento de compartir coas súas familias todo o aprendido e vivido nesta gran aventura. Queredes descubrir a arte de Yayoi Kusama 🎨, coñecer a vida dos espantallos 🌾, vivir sorprendentes aventuras Playmobil 🧸, desfrutar dunha obra de teatro 🎭 ou saborear un café da nosa vila ☕? Pois non o pensedes máis! Inscribídevos a través do enlace enviado por Abalar e preparádevos para descubrir estas e moitas máis sorpresas...

 


xoves, 28 de maio de 2026

A NOSA BIBLIOTECA ENCHEUSE DE HISTORIAS… E DE MOITAS IDEAS! ✨🐶📚

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a visita de Eva Mejuto , autora de Queco e Kika, lectura que acompañou este trimestre ao alumnado de 3º de Educación Primaria. 



Durante o encontro, Eva presentounos aos seus cans, moi semellantes aos protagonistas do libro, e confesounos que se inspirou neles para crear esta divertida historia. 

Pero a visita non rematou aí… A autora pediu axuda aos nenos e nenas para crear a segunda parte do libro!

 O alumnado participou con entusiasmo compartindo ideas, aventuras e personaxes, demostrando unha vez máis a súa enorme creatividade.

Para rematar esta xornada tan especial, houbo sinatura de libros, preguntas, risas e moita complicidade arredor da lectura. Eva marchou levando unha mochila chea de ideas para continuar a historia de Queco e Kika… e nós quedamos coa ilusión de seguir lendo e soñando! 🥰



martes, 26 de maio de 2026

📚ANXO FARIÑA VISITA PORTOBIBLIO! 🤖🐱

Esta semana tivemos a inmensa sorte de recibir a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor de Escola Robot, libro lido polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. 



A súa visita conectou perfectamente co noso proxecto de centro, A vida secreta dos obxectos, porque nas páxinas de Escola Robot atopamos inventos sorprendentes, robots e obxectos que parecen ter moito máis que contar do que imaxinamos…

Risón🐱, tamén parecía sentirse moi preto desta historia, xa que no libro as ideas máis inesperadas cobran vida e ata os robots poden sorprendernos tendo forma de gato!

Ademais, Anxo agasallounos cun momento moi especial realizando unha demostración das súas ilustracións, descubríndonos que as historias tamén nacen entre trazos, creatividade e moita imaxinación.

Grazas por esta visita tan inspiradora e por achegarnos a maxia da lectura e da creación! 


MISTERIOS, ZOCAS E ENCONTROS QUE DEIXAN PEGADA 👣✨

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita do escritor Ramón Caride @ramoncaride ,autor de O misterio das zocas.




As zocas 👞, un elemento tan representativo da nosa cultura e tradición, convértense no fío condutor desta historia que os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de descubrir e desfrutar.

Unha vez máis, a nosa biblioteca converteuse nun espazo cheo de vida: lugar de preguntas, intercambio de ideas, curiosidade e esa fermosa complicidade que nace cando lectores e autor se atopan.


luns, 25 de maio de 2026

 BAIXANDO O CEO ATA O CHAN ☁️✨ 

 Seriades capaces de baixar o ceo ata o chan? 🤔💭 Os nenos e nenas de 5º de Infantil embarcáronse nesta misión tan especial e atoparon un gran aliado para conseguilo: o espello. A través deste obxecto máxico descubriron as infinitas posibilidades do reflexo, da luz 💡 e da perspectiva, explorando, experimentando e creando a través da arte. Unha proposta chea de imaxinación, curiosidade e aprendizaxes sorprendentes.Esta fermosa actividade levouse a cabo da man de Yolanda Martínez de @hilosyballenas, acompañándonos nesta experiencia tan especial chea de creatividade e descubrimentos. 


 

venres, 22 de maio de 2026

A VISITA DE RAMÓN D. VEIGA ✨📚 

Onte os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron a gran sorte de contar coa visita de Ramón D. Veiga , autor de Maios e Desmaios da editorial @edicionsxeraisdegalicia

Ramón contounos como comezou a súa carreira como escritor e tamén nos falou doutros dos seus libros, achegándonos un pouquiño máis ao marabilloso mundo da literatura.

Ademais, como gran coñecedor das nosas festas tradicionais galegas, falounos do San Xoán, que xa está á volta da esquina.

Mil grazas, Ramón D. Veiga, por esta fermosa visita. Agardámoste de volta moi pronto! 💙


luns, 18 de maio de 2026

🕰️🎨 VIAXANDO POLO SURREALISMO CON DALÍ 🎨🕰️ 

O pasado venres, o alumnado de 2º participou nun fermoso obradoiro de arte da man de Yolanda Martínez @hilosyballenas , inspirándose en Salvador Dalí e na súa obra A persistencia da memoria. 

🖌️✨ Ademais de coñecer un pouco máis sobre o surrealismo, deixamos voar a nosa imaxinación e descubrimos que a arte nos permite crear, sentir e mirar máis alá do evidente. 



CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO E INCLUSIÓN SOCIAL E ESCOLAR.

O pasado 28 de abril celebrouse unha sesión de concienciación sobre o autismo dirixida a familias e profesorado, cun espazo de encontro, aprendizaxe e reflexión arredor da realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

Durante a xornada abordáronse aspectos clave relacionados coa comprensión do autismo, a importancia da inclusión educativa e social, así como diferentes estratexias para favorecer a comunicación, a convivencia e o acompañamento no día a día tanto no ámbito familiar como escolar.

Agradecemos a participación e implicación de todas as persoas asistentes, que contribuíron a crear un ambiente enriquecedor e colaborativo.

Os deixamos un pequeno video dos obradoiros que fixemos co alumnado. 



✨ Costura con alma en BiblioCreativa

Quen dixo que coser é cousa do pasado?

Desta volta, o noso espazo creativo énchese de fíos, botóns e moita paciencia. A nosa compañeira Pastora é a mestra perfecta para guiar aos nenos e nenas nos seus primeiros pasos coa agulla e o dedal, descubrindo un oficio que require calma e precisión. 🧶🎨

Trátase dun obradoiro progresivo no que van collendo soltura pouco a pouco: empezamos aprendendo a coser un simple botón e o obxectivo final será deseñar a súa propia bolsa para a merenda! Unha forma xenial de gañar autonomía e confianza mentres crean coas súas mans. 



Presentamos unha nova mascota

Coincidindo coas Letras Galegas, presentouse no noso cole a nova mascota que simboliza toda a maxia da tradición Galega de todos os centros do Salnés. 💫

Grazas ao equipo de Dinamización da lingua galega do Salnés por este proxecto e a Yolanda Martínez de @hilosyballenas por crear esta preciosidade!!!




domingo, 17 de maio de 2026

 VIAXANDO POLO SURREALISMO CON DALÍ 🎨🕰️

 O pasado venres, o alumnado de 2º participou nun fermoso obradoiro de arte da man de Yolanda Martínez @hilosyballenas , inspirándose en Salvador Dalí e na súa obra A persistencia da memoria. 🖌️✨

 Ademais de coñecer un pouco máis sobre o surrealismo, deixamos voar a nosa imaxinación e descubrimos que a arte nos permite crear, sentir e mirar máis alá do evidente. 💭🎨 Aprendemos a vivir o tempo presente, o aquí e o agora, gozando do proceso e deixando que a creatividade nos guiase.

 Unha experiencia chea de arte, emocións e moita imaxinación! 



 

venres, 15 de maio de 2026

🪄 A maxia da imaxinación co Mago Paco! 📚

Hoxe a biblioteca encheuse de gargalladas e moita ilusión coa visita do Mago Paco. O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria gozou duns contos cheos de sorpresas, risas e, sobre todo, moita maxia. ✨🤪

Unha xornada inesquecible para lembrar que ler é o mellor truco para facer voar a imaxinación! 

Moitas grazas ao @concellosanxenxo por facer posible esta visita. 🤝🎒









venres, 8 de maio de 2026

🎨✨ OBRADOIRO DE CORES EN 3 ANOS 

A semana pasada, os nosos peques de 3 anos convertéronse nuns auténticos artistas! 👩‍🎨👨‍🎨🎨 Grazas a Yoli, de Hilos y Ballenas @hilosyballenas, descubrimos a verdadeira maxia de mesturar as cores. 

Que pasa se xuntamos o amarelo co azul? E o vermello co branco? 💙💛👉💚 Pura maxia! Mancharse as mans, experimentar e rir xuntos nunca foi tan divertido nin tan educativo. A creatividade voou libre pola aula! 

Todo este obradoiro está enmarcado dentro do noso proxecto de centro "A vida secreta dos obxectos". E sabedes cal é o obxecto estrela que estamos a investigar nas clases de 3 anos? As ceras de cores (crayons)! 🖍️👀 A través deste proxecto estamos a descubrir de onde veñen as nosas ceras, por que pintan, como están feitas e, sobre todo, as marabillas e mesturas que podemos crear cando traballan todas xuntas. 




mércores, 6 de maio de 2026

 NACE A BRIGADA VERDE! 🌱✨

No noso camiño cara a un cole máis natural, damos un paso máis en PortoBiblio co nacemento da nosa Brigada Verde

Un batallón de voluntarios e voluntarias de 2º, 3º e 4º de Primaria que se converten oficialmente nos gardiáns da natureza do centro. A súa misión? Regar, coidar e encher de vida cada runcho do cole, aprendendo a respectar o medio ambiente do xeito máis práctico e lúdico. 

¡Un paso máis cara a un cole máis verde e cheo de futuro! 💚



martes, 5 de maio de 2026

🌿✨ Un Maio inesquecible en PortoBiblio

Onte a música e a tradición volveron encher o noso cole de vida. Este ano, o protagonismo compartiuse dunha forma moi especial: mentres os máis cativos de Infantil puxeron toda a súa creatividade e agarimo para encher de cor a parte superior do noso maio, o alumnado de 6º de Primaria cantou e celebrou o seu último Maio no centro antes de marchar ao instituto. Unha despedida preciosa! 💛🎓

Ademais, tivemos unha convidada de luxo presidinando a festa: ¡a nosa marchosa Ondiña, a mascota da radio! 📻💃

Feliz mes de maio a todas as familias. Que a música e as nosas tradicións nos sigan unindo!