A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
xoves, 27 de marzo de 2025
mércores, 26 de marzo de 2025
VISITA JORGE CAMPOS:"CAPITÁN LENTELLA"
Ao longo desta semana levaremos a cabo diferentes accións educativas no noso colexio con este propósito e ao final do mes de abril realizaremos unha xuntanza moi interesante e bonita á que invitaremos a todas as familias a participar xunto con profesorado e alumnado.
Hoxe os nenos de 1° e 2° recibiron a visita do gran JORGE CAMPOS ,escritor e ilustrador de CAPITÁN LENTELLA.
Queremos dar as grazas a Jorge pola súa implicación cos nenos/as. Respondeu moitísimas preguntas, ilustrou e asinou todos os libriños!
Unha vez máis, estamos orgullosos de facer medrar a nosa biblio e a mente dos nosos alumnos/a con escritores e escritoras da terra!
xoves, 13 de marzo de 2025
martes, 11 de marzo de 2025
8 DE MARZO:MULLERES MÁXICAS
O Equipo de Convivencia fixo un grandísimo traballo da man dunhas “MULLERES MÁXICAS” que nos acompañaron con motivo do 8M.
-Estrella da Asociación Cultural Andarela.
-As avoas: Pilar, Raquel e Consuelo.
-Manolita a Redeira.
-Asunción: A vida en Ons.
Queremos darlle as grazas a estas grandes mulleres pola súa participación e por seguir sementando a igualdade alá onde van.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
✨ RETO FOTOGRÁFICO DE DECEMBRO Chega un novo mes e con el… o noso último reto do ano! En decembro fotografaremos obxectos de Nadal: luces...
-
🖼✨ Obradoiro de Pintura con Diamantes: unha experiencia creativa para brillar Durante o mes de novembro celebramos un obradoiro moi especia...
-
O DÍA DO LIBRO...TAMÉN CANTAN AS PALABRAS🎶 Unha gaiola chea de cantigas agarda ser aberta polos soños dos nenos e nenas de 6º! Dende a bibl...