A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
martes, 17 de febreiro de 2026
mércores, 11 de febreiro de 2026
✨🔬 AS NOSAS CIENTÍFICAS DO FUTURO
venres, 6 de febreiro de 2026
🎉🎭 ENTROIDO: COR, FANTASÍA E LEDICIA
Parece que aquí non para de chover… 🌧️ pero nós temos moi presente iso de que ao mal tempo, boa cara Chega o mes da cor , da fantasía , da ledicia e da troula . E o noso reto fotográfico vai xusto de iso:Mándalle a Rison o teu obxecto favorito de Entroido e comparte con todos aquilo que che alegra o corazón nesta tradición tan nosa 😉 📩 orecunchoderison@gmail.com
OS MANDADOS DO GHATO 😺🎭
LUNS 🧢 Para comezar ben a festa, o Ghato manda sen protesta: gorro, gorra ou sombreiro traerás, e coma un rei o pasearás.
MARTES 👠👞 Se o martes queres brincar, o Ghatiño manda combinar: zapatos diferentes,...e todos a saltar e brincar!✨
MÉRCORES 🛌 Se o mércores queres soñar, o aghato manda descansar: en pixama ao cole virás, bocexando… e non protestarás. 😴💤
XOVES 🎉 O xoves toca imaxinar, mestura, inventa e deixa voar: disfraz toliño e especial, canto máis raro… máis xenial! 🤪🎨
VENRES 🎭 Para pechar esta semana, o Ghato berra pola mañá: disfraz con obxectos sen medo nin reparo, celebramos o Entroido… que comece o descaro!
-
✨ RETO FOTOGRÁFICO DE DECEMBRO Chega un novo mes e con el… o noso último reto do ano! En decembro fotografaremos obxectos de Nadal: luces...
-
🖼✨ Obradoiro de Pintura con Diamantes: unha experiencia creativa para brillar Durante o mes de novembro celebramos un obradoiro moi especia...
-
O DÍA DO LIBRO...TAMÉN CANTAN AS PALABRAS🎶 Unha gaiola chea de cantigas agarda ser aberta polos soños dos nenos e nenas de 6º! Dende a bibl...