martes, 28 de abril de 2026

 Refugallo o espantallo e unha visita chea de maxia! 🌾✨

Despois de encher o centro de cor pintando o corazón de Refugallo o espantallo en pedras 🪨🎨 (unha iniciativa fantástica do noso proxecto “A vida secreta dos obxectos”), por fin recibimos á súa autora!

Irene Alonso Gasalla revolucionou a infantil e fixo reflexionar a 2º de primaria sobre o bullying, a reciclaxe e o coidado do planeta a través do xogo e a emoción. 🌍✨

Grazas por esta dose de arte e valores. Desexando repetir en PortoBiblio! 💛



venres, 24 de abril de 2026

🌹📖 Así vivimos o Día do Libro en PortoBiblio 

Para conmemorar o 23 de abril, as aulas de 6º de Infantil e 6º de Primaria convertéronse no escenario dun intercambio precioso: ¡unha xornada de apadriñamento lector en plena natureza! 🌳💬
Os maiores convertéronse en padriños e madriñas de lectura por un día, agasallando historias, palabras e momentos inesquecibles aos máis cativos da escola. Unha experiencia compartida que nos lembra que os libros teñen o poder de crear lazos eternos.
Porque ler en compaña é, sen dúbida, a mellor forma de facer voar a imaxinación. 🌱❤️








🌹 Flores, libros e maxia con Risón

En PortoBiblio unímonos á tradición de Sant Jordi! Hoxe, Risón encheu as aulas de ilusión agasallando a cada unha un caravel vermello e unha bonita tarxeta diseñada por @hilosyballenas. 

Feliz Día do Libro a todos! Animádevos a mergullarvos nas lecturas que vos esperan na biblioteca. ¡A maxia continúa cada día! ✨📖







xoves, 23 de abril de 2026

🚦VISITA DO POLI PACO 👮‍♂️ 

Hoxe e mañá recibimos no cole a visita do Poli Paco que nos ensinará unhas normas moi importantes para circular con seguridade en bicicleta e/ou patinete 🛴🚲. 

Aprenderemos a respectar as sinais de tráfico e a movernos de forma responsable pola vía pública, coidando de nós e dos demais 💛 Unha actividade moi útil e divertida para seguir construíndo unha convivencia máis segura! 


domingo, 19 de abril de 2026

VISITA A RADIO AROSA

O alumnado do CEIP Plurilingüe Portonovo achegouse ata os estudios de Radio Arosa. Nesta xornada, ademáis de coñecer o traballo nunha emisora, tiveron a oportunidade de conversar con Xoán Pérez, concelleiro da localidade. Un gusto de visita. 



xoves, 16 de abril de 2026

A PRIMAVERA

Hoxe queremos presentarvos o gran traballo que realizaron os nenos e nenas de 6º de Educación infantil, xunto con Yoli de @hilosyballenas. Contáronlles que é para eles a primavera e todo o que esta fermosa estación nos trae. Foi unha experiencia chea de creatividade, ilusión e moitaaas risas! Deixaron voar a súa imaxinación e sentíronse súper cómodos. Agardamos que desfrutedes tanto como nós véndoo.

 Mil grazas a Yoli por facer este gran traballo cos nenos e nenas e por crear estes súper vídeos, que son un agasallo para toda a nosa comunidade educativa.









🕰️🎨 VIAXANDO POLO SURREALISMO CON DALÍ 🎨🕰️  O pasado venres, o alumnado de 2º participou nun fermoso obradoiro de arte da man de Yolanda...