domingo, 29 de marzo de 2026

🎭DIA DO TEATRO🎭 

O 27 de marzo , celebramos o Día do Teatro da mellor maneira posible : gozando dunha obra moi especial, escrita, dirixida e escenografada polo alumnado de proxecto educativo de 2* de primaria guiado pola mestra Jésica Eles mesmos crearon as súas marionetas e decorado con agarimo, paciencia e moitísima ilusión, dándolles voz, movemento … e alma. A través dos seus personaxes, uns animais que viven nun castelo moi particular, invítannos a viaxar por unha historia ches de amor ❤️, xenerosidade, empatía e humanidade. 

 Parabéns, pequenos artistas!




martes, 24 de marzo de 2026

CONTACONTOS CHEOS DE MAXIA NO COLE 📚 

Os nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo tiveron a sorte de contar coa visita das chicas de Trécola Teatro, que nos agasallaron con fermosos contos cheos de imaxinación.

Foi unha experiencia súper divertida na que os pequenos/as e mestras viviron este encontro con moitísima emoción e ilusión 😍👏 Como recordo deste día tan especial, regalámoslles as nosas novas tazas de PortoBiblio ☕, deseñadas e creadas por @hilosyballenas.

Esta visita foi posible grazas á editorial @edicionsxeraisdegalicia, en concreto a Bea, que nos regalou este bonito encontro.



venres, 6 de marzo de 2026

As enfermidades autoinmunes e a escola inclusiva

O vindeiro 10 de marzo ás 16:00 horas terá lugar no noso centro unha charla titulada “As enfermidades autoinmunes e a escola inclusiva”, a cargo de LIREGA 

A sesión ofrecerá información e orientación para a comunidade educativa sobre como favorecer a sensibilización, a empatía e a inclusión no ámbito escolar, contribuíndo a crear espazos de aprendizaxe máis accesibles e respectuosos coa diversidade.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta interesante actividade formativa.



xoves, 5 de marzo de 2026

CONTACONTOS CON MOTIVO DO 8M

Juanjuste esta mañá contando varios contos, entre eles o de Violeta e Mariño. Unha actividade do cimsanxenxo e concellosanxenxo con motivo do 8M💜 O conto segue deixando pegada e inspirando varios anos despois. Grazas por tanto agarimo!



A VIDA SECRETA DOS OBXECTOS📦 

No noso cole seguimos mergullados no proxecto de centro: A vida secreta dos obxectos. Para seguir espertando a curiosidade do noso alumnado, creamos estes días un espazo de investigación con libros, materiais e diferentes recursos que invitan aos nenos e nenas a observar, investigar, descubrir e facer preguntas. Porque ás veces os obxectos que nos rodean gardan historias, usos e segredos que están agardando a ser descubertos… 👀📚 Un recuncho pensado para explorar, aprender e deixar voar a imaxinación, convertendo aos nosos pequenos e pequenas en auténticos investigadores. 



martes, 3 de marzo de 2026

CELEBRAMOS A ROSALÍA COA NOSA XENTE ✨

Con motivo do Día de Rosalía de Castro, no cole de Portonovo vivimos unha xornada moi especial.Xunto co grupo musical “Portonovo Canta” rendemos unha sentida homenaxe ás escritoras e escritores da nosa vila: Manuel Uhía, Elvira Rico e María del Carmen García (Marucha). Un acto cheo de emoción para poñer en valor a beleza das súas palabras, a forza dos seus poemas e o legado cultural que forma parte da nosa identidade.Porque a literatura une, emociona e fai medrar ás persoas… e nós queremos seguir sementando amor polas nosas letras.



luns, 2 de marzo de 2026

RETO DE FEBREIRO 🎭🎊 

Despedimos este mes cheo de fantasía e creatividade facendo un pequeno pero moi merecido recoñecemento a Lois de Infantil 💛👏 pola súa foto tan orixinal co seu libro de Entroido! Con esta imaxe tan especial pechamos tamén os retos fotográficos do noso proxecto.Queremos dar as grazas a todas as familias que achegastes o voso graniño de area colaborando coas vosas imaxes e ilusión. Sen vós, nada disto sería posible! Moi pronto poderedes velas expostas polo centro 👀🏫 Remata este reto… pero o proxecto segue máis vivo ca nunca! Sigamos animando o mundo inanimado dos obxectos co poder do pensamento.




VISITA A RADIO AROSA O alumnado do CEIP Plurilingüe Portonovo achegouse ata os estudios de Radio Arosa. Nesta xornada, ademáis de coñecer o ...