OBRADOIRO DE CORES EN 3 ANOS ✨🎨
A semana pasada, os nosos peques de 3 anos convertéronse nuns auténticos artistas! 👩🎨👨🎨🎨
Grazas a Yoli, de Hilos y Ballenas @hilosyballenas, descubrimos a verdadeira maxia de mesturar as cores. Que pasa se xuntamos o amarelo co azul? E o vermello co branco? 💙💛👉💚 Pura maxia!
Mancharse as mans, experimentar e rir xuntos nunca foi tan divertido nin tan educativo. A creatividade voou libre pola aula!
🔍 Todo este obradoiro está enmarcado dentro do noso proxecto de centro "A vida secreta dos obxectos". E sabedes cal é o obxecto estrela que estamos a investigar nas clases de 3 anos? As ceras de cores (crayons)! 🖍️👀
A través deste proxecto estamos a descubrir de onde veñen as nosas ceras, por que pintan, como están feitas e, sobre todo, as marabillas e mesturas que podemos crear cando traballan todas xuntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario