venres, 6 de febreiro de 2026

OS MANDADOS DO GHATO 😺🎭 

 LUNS 🧢 Para comezar ben a festa, o Ghato manda sen protesta: gorro, gorra ou sombreiro traerás, e coma un rei o pasearás. 

 MARTES 👠👞 Se o martes queres brincar, o Ghatiño manda combinar: zapatos diferentes,...e todos a saltar e brincar!✨

 MÉRCORES 🛌 Se o mércores queres soñar, o aghato manda descansar: en pixama ao cole virás, bocexando… e non protestarás. 😴💤 

 XOVES 🎉 O xoves toca imaxinar, mestura, inventa e deixa voar: disfraz toliño e especial, canto máis raro… máis xenial! 🤪🎨 

 VENRES 🎭 Para pechar esta semana, o Ghato berra pola mañá: disfraz con obxectos sen medo nin reparo, celebramos o Entroido… que comece o descaro! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

As enfermidades autoinmunes e a escola inclusiva O vindeiro 10 de marzo ás 16:00 horas terá lugar no noso centro unha charla titulada “As en...