martes, 26 de maio de 2026

📚ANXO FARIÑA VISITA PORTOBIBLIO! 🤖🐱

Esta semana tivemos a inmensa sorte de recibir a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor de Escola Robot, libro lido polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. 



A súa visita conectou perfectamente co noso proxecto de centro, A vida secreta dos obxectos, porque nas páxinas de Escola Robot atopamos inventos sorprendentes, robots e obxectos que parecen ter moito máis que contar do que imaxinamos…

Risón🐱, tamén parecía sentirse moi preto desta historia, xa que no libro as ideas máis inesperadas cobran vida e ata os robots poden sorprendernos tendo forma de gato!

Ademais, Anxo agasallounos cun momento moi especial realizando unha demostración das súas ilustracións, descubríndonos que as historias tamén nacen entre trazos, creatividade e moita imaxinación.

Grazas por esta visita tan inspiradora e por achegarnos a maxia da lectura e da creación! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario