xoves, 28 de maio de 2026

A NOSA BIBLIOTECA ENCHEUSE DE HISTORIAS… E DE MOITAS IDEAS! ✨🐶📚

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a visita de Eva Mejuto , autora de Queco e Kika, lectura que acompañou este trimestre ao alumnado de 3º de Educación Primaria. 



Durante o encontro, Eva presentounos aos seus cans, moi semellantes aos protagonistas do libro, e confesounos que se inspirou neles para crear esta divertida historia. 

Pero a visita non rematou aí… A autora pediu axuda aos nenos e nenas para crear a segunda parte do libro!

 O alumnado participou con entusiasmo compartindo ideas, aventuras e personaxes, demostrando unha vez máis a súa enorme creatividade.

Para rematar esta xornada tan especial, houbo sinatura de libros, preguntas, risas e moita complicidade arredor da lectura. Eva marchou levando unha mochila chea de ideas para continuar a historia de Queco e Kika… e nós quedamos coa ilusión de seguir lendo e soñando! 🥰



Ningún comentario:

Publicar un comentario