O CORPO HUMANO BAIXO O RAIO X💥
O pasado venres 24, o alumnado de 2º de Educación Primaria tivo unha visita moi especial e interesante!
María, unha nai colaboradora ❤️, achegouse á biblioteca para falarlles duns tipos de fotografías moi especiais que permiten ver o corpo por dentro... coma se fora maxia! ✨
Trouxo radiografías antigas 🩻 para amosar distintas partes do corpo, explicar como medran os nenos 👧👦, como son as fracturas 🦴, as vértebras… e moito máis!
Xurdiron moitas preguntas 💭, compartíronse historias persoais e todos aprenderon un pouquiño máis sobre o corpo humano dende a perspectiva médica dunha radióloga 👩⚕️.
🙏 Grazas, María, por compartir unha mañá tan educativa e divertida co noso alumnado de 2°! 🌟
Ningún comentario:
Publicar un comentario