RETO FOTOGRÁFICO DE PORTOBIBLIO!
😺 Este ano, dende PortoBiblio e tendo en conta o proxecto de centro “A vida segreda dos obxectos”, queremos seguir a estela dos nosos compañeiros e compañeiras do @bibliocruceiro e propoñervos un reto fotográfico moi especial🥰 🧐 En que consiste?
Cada mes propoñeremos un reto no que teredes que facer fotografías orixinais nas que un obxecto ou ser inerte sexa o verdadeiro protagonista. 📬 As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico da biblioteca: 👉 orecunchoderison@gmail.com O equipo de biblioteca, formado por mestres e mestras do noso cole, será o xurado encargado de decidir quen é o gañador ou gañadora de cada mes. 🏆 O vencedor ou vencedora recibirá un pequeno recoñecemento polo seu traballo e creatividade. Animádevos a participar e colaborade na creación do noso “Museo de Obxectos”!

Ningún comentario:
Publicar un comentario