luns, 12 de maio de 2025

Queremos compartir convosco unha actividade moi especial que fan os nenos e nenas de 6ºA e 6°B: Booktubeiros! Nesta iniciativa tan chula, o alumnado recomenda libros a outros pequenos lectores, contando un pouquiño sobre a historia e a súa experiencia coa mesma.

Nesta ocasión temos a Astou e Sergio, que nos falan dun conto clásico: "Os tres porquiños" 🐷🐷🐷. Eles explícanos de que vai o conto e qué lles pareceu. Grazas a estas recomendacións, outros nenos e nenas poden descubrir libros novos e saber se lles poderían gustar tamén.

Parabéns aos dous grupos de sexto e aos seus titores por esta actividade tan enriquecedora! 👏✨


Ningún comentario:

Publicar un comentario

🕰️🎨 VIAXANDO POLO SURREALISMO CON DALÍ 🎨🕰️  O pasado venres, o alumnado de 2º participou nun fermoso obradoiro de arte da man de Yolanda...