mércores, 14 de maio de 2025

 O MAGO TETO

Esta semana celebramos as Letras Galegas dun xeito moi especial: coa visita do Mago Teto!
Un mago galego que encheu o noso colexio de ilusión, sorrisos e moita maxia. Porque, como el ben nos lembrou, a maxia máis poderosa está dentro de nós mesmos.
O alumnado de Educación Infantil e Primaria gozou dunha xornada inesquecibel e moi divertida, onde as palabras cobraron vida e a fantasía ocupou cada recuncho do colexio.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

🕰️🎨 VIAXANDO POLO SURREALISMO CON DALÍ 🎨🕰️  O pasado venres, o alumnado de 2º participou nun fermoso obradoiro de arte da man de Yolanda...