mércores, 3 de novembro de 2021

24 outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS


O DÍA DAS BIBLIOTECAS FUMOS RECOLLER A MOCHILA VIAXEIRA QUE BRILLANTINA NOS PREPARAU COMO AGASALLO PARA ESTE CURSO. PUIDEMOS FELICITALA PORQUE CUMPRE 50 ANOS. PARABÉNS, BRILLANTINA!!!😘😘😘

















 


martes, 2 de novembro de 2021

CARTA DE BRILLANTINA

 

Estimadas familias:

Son Brillantina, a amiga extraterrestre que habito na biblioteca do colexio, tras un ano máis, cheguéi dunha longa viaxe a través do espacio. Gustaríame compartir de novo, moitas aventuras, experiencias, e coñecementos con vós a través da maxia dos libros. Por iso, prepareivos esta mochila, para que viaxe cada semana a casa dunha familia da  clase. Nesta mochila viaxeira, metín tres libros.

Anímovos a gozar da experiencia!

Con cariño

A vosa amiga Brillantina.

 

AVISO FAMILIAS

 Mandamos aviso ás familias de que a Biblioteca do CEIP de Portonovo abrirá tamén polas tardes a partir do 3 de novembro.

O Horario será de 4 a 6 da tarde os Luns e os Mércores.

Poderá facerse préstamo polas tardes dun máximo dun libro, ou material audiovisul, que terá que ser devolto tamén pola tarde. Tamén está pensado para poder vir a disfrutar da lectura, a facer traballos ou agardar por irmáns que estean en actividades extraescolares.

O aforo será limitado seguindo as normas do Protocolo Covid, e haberá que desinfectar mans ao entrar e limpar o espazo que usemos ao marchar.

Grazas por todo,

Equipo de Biblioteca.

mércores, 20 de outubro de 2021

O SAMAÍN CHEGOU DE NOVO AO COLEXIO!!!

SAMAÍN

 Ola de novo, a todos e todas! 

Chegou o outono e con el a vendima, as castañas, a chuvia, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: é tempo de Samaín. E con el comeza a época dos defuntos, das caveiras de cabaza, de demos,  bruxas e coruxas... é o tempo de PASAR MEDO!!! 

Aquí déixovos un banco de recursos sobre o Samaín para pasalo ben na clase ou nas vosas casas. Espero que vos sexa de utilidade! 


RECURSOS EDUCATIVOS DE SAMAÍN

DOSSIER DE HALLOWEEN : Actividades diversas para educación infantil, primaria e lingua inglesa. 

  • IDEAS PARA DECORAR E AMBIENTAR O COLEXIO:

araña de Halloween 

bruxas colgables

Bruxas en papel pregado.

Recortable morcego.

Máscaras e caretas para colorear.

Debuxos e máscaras.

  • VÍDEOS TERRORÍFICOS:

A bruxa regañadentes. De OQO

Corre, corre cabaciña. OQO

Fiz, o coleccionista de medos. De OQO

La bruja. De Pedro Solís. Corto sin diálogo

De Skeleton dance. Disney

The hauten hause. Disney

  • MÚSICA:

Brinca Vai! No Samaín

Uxía Lambona e Banda Molona. O Samaín

Danse Macabre.

Ollo de vidro. karaoke

Twist do esqueleto.

Noite de terror.

Pa pa pamericano. El baile des esqueleto.

O Samaín. Jesus Pareja. 

  • MANDALAS E OUTRAS ACTIVIDADES:

Mandalas, labirintos, sopas de letras...de Halloween

Mandalas

Debuxo medo 3D.

Debuxo medo 3D.

  • ESCRITURA CREATIVA:

Menú para monstruos.

Mini libro de mosntruos

Lunáticos: descripciones de miedo.

¿Qué tipo de monstruo eres?

Libro de recetas mágicas.

Continuar historias.

Historias xiratoria de medo.

Personaxes de medo típicos galegos.

Escritura creativa: Halloween. Orientación Andujar

  • LECTURAS:

Mitos, contos e lendas galegas. Galicia Encantada

Que é o Samaín? Orixe da festa.

Lenda da cabaza. 



xoves, 13 de maio de 2021

17 DE MAYO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Ola rapaces e rapazas!

Achégase o día grande das Letras Galegas e este ano 2021 conmemórase a figura de Xela Arias polo seu gran traballo en prol da nosa lingua. 

A continuación, tedes un xogo interactivo moi divertido para aprender máis sobre a vida e obra de Xela Arias. Animádevos!!
 

XOGO INTERACTIVO

venres, 23 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Ola rapaces e rapazas!

Como cada ano, a biblioteca do colexio celebra o Día Mundial do Libro. Nesta ocasión, os nenos e nenas de Portonovo elaboraron a portada do libro da súa vida. Cada neno e nena tivo que debuxar a portada dun libro tendo en conta a seguiente pregunta: "Se a túa vida fora un libro, cal sería a súa portada?" Ademais tiveron que inventar o título do libro. 

Aquí tedes o resultado da actividade! Quedaron unhas portadas moi orixinais e creativas, verdade???

Sodes uns artistas!!


PINCHADE NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA VER O VÍDEO DO RESULTADO FINAL DA ACTIVIDADE: