Amosando publicacións coa etiqueta RETOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RETOS. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xaneiro de 2024

OS ALUMNOS DE 2ºB COÑECEN A AULA SENSORIAL

 NESTE CURSO AS COMPAÑEIRAS DE INFANTIL PUXERON EN FUNCIONAMENTO UN AULA SENSORIAL.

ESTA PASADA SEMANA OS RAPACES DO GRUPO DE 2ºB, COAS PROFES LORENA E CHARO, VISITARON A NOVA AULA.

ESTÁ PREPARADA CON MATERIAIS DE TEMÁTICA INVERNAL.

ENCANTOULLES A EXPERIENCIA, PASÁRONO XENIAL E ESTÁN DESEXANDO VOLVELA VISITAR.

COMPARTO CON TODOS VÓS ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA













venres, 5 de maio de 2023

CARREIRA DO SALNÉS

 HOXE TIVO LUGAR NA NOSA VILA A CARREIRA DO SALNÉS. TRÁTASE DUNHA CONVOCATORIA ANUAL QUE O COLEXIO ABRENTE OFERTA E NOS INVITA A PARTICIPAR.

ESTE CURSO PARTICIPAMOS CON 4 ALUMNOS E ALUMNAS DE CADA CURSO DE PRIMARIA.

A CARREIRA COMENZOU ÁS 11. A MAÑÁN ERA BEN XEITOSA PARA COMPETIR.

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTOS DA NOSA PARTICIPACIÓN NO EVENTO.








PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES, E DE XEITO ESPECIAL AOS QUE SUBIRON A PODIO: MARTÍN DE 2º, CLARA DE 4º, JUAN DAVID DE 6º, BRAIS DE 4º E LEO DE 6º.

MOI BO TRABALLO TOD@S!!!












luns, 23 de xaneiro de 2023

EXPOSICIÓN DE CONTOS DE EMOCIÓNS

 SEGUINDO INSTRUCCIÓNS DE BRILLANTINA, PREPARAMOS UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN CON CONTOS DE EMOCIÓNS PARA DARVOS IDEAS PARA PREPARAR O CONTACONTOS.

PERO SON SÓ ISO, IDEAS. PODEN SERVIRVOS OU NON. ESCOLLEDE BEN E ADIANTE. SEGURO QUE ENTRE TODOS PREPARAMOS UNHA MARATÓN BEN CHULA.







venres, 5 de marzo de 2021

RETO LECTOR MARZO

 Ola nenos, nenas, docentes e pais! 

Xa estamos no mes de marzo e iso significa que... comezamos novo reto! Nesta ocasión temos que ler un libro escrito por, para ou sobre una muller. 

Na entrada do colexio tedes unha fantástica selección de libros sobre esta temática. Botádelle unha ollada, hai novidades e libros moi chulos sobre a vida de mulleres extraordinarias.

Seguide así, a sorpresa do reto lector está a medio camiño! 👀😉💪

Un saúdo!




venres, 5 de febreiro de 2021

RETO LECTOR FEBREIRO


                       Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Dixéronme os profesores e profesoras do colexio que estades moi animados co novo reto lector.

 Alégrome moito e seguide así, non perdades a ilusión!!!

 Como todos sabedes, novo mes, novo reto! 

Durante o mes de febreiro anímovos a ler un libro relacionado cun disfrace ou co voso disfrace deste ano. 

Na entrada do centro, xa tedes unha selección de libros sobre esta temática, cunha cantidade de aventuras súper divertidas e entretidas. 


Seguide paticipando coa mesma ilusión!!!! Téñovos preparada unha sorpresa moi especial!

Un saúdiño!!!



martes, 19 de xaneiro de 2021

RETO LECTOR 2021

 


 

Cada mes un libro, cada libro, unha proposta diferente. 

Atrévete a superar este reto!

 

Ola nenos e nenas!

Quérovos presentar unha nova actividade da biblioteca do colexio. 

Propóñovos un novo reto lector para darlle a benvida ao 2021. 

A actividade é voluntaria. Todos os nenos e nenas que a superen terán unha sorpresa moi especial ao final de curso. 

O reto consiste en ler cada mes un libro diferente e cunha temática específica. 

Xaneiro: Un libro no que se traballen as emocións (amor, felicidade, amizade, medo...).

Febreiro: Ler un libro relacionado co meu disfrace de Entroido. 

Marzo: Ler un libro escrito por unha muller, dedicado a unha muller ou no que a protagonista sexa unha muller. 

Abril: Ler un libro cunha portada preciosa.

Maio:Ler un libro sobre a natureza.

Xuño: Un cómic. 

Cada mes, unha vez superado o desafío, o voso titor/a daravos unha peza dun crebacabezas. Unha vez superados todos os desafíos, xa poderedes completar a imaxe. Esta será a vosa entrada para a sorpresa final.

Na entrada do centro teredes cada mes un expositor con libros sobre a temática do reto. Se queredes algún libro do expositor, podedes pedirllo ao titor ou titora para ler na clase (non se pode levar de préstamo para casa).   

Mirade que chulo o expositor deste mes: 

 
 

Animádevos a participar!!!