A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
xoves, 21 de novembro de 2024
ZONA DE EQUILIBRIO
O noso cole estrea nova zona de equilibro no patio!!!
Queremos agradecer especialmente a Beni por facer posíbel este novo espazo no noso patio.
Mil grazas tamén a Jesus vidal bea por estar sempre disposto a axudar.
Seguimos en constante evolución!
Mil grazas a toda a Comunidade Educativa pola colaboración
venres, 15 de novembro de 2024
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Así celebramos o Magosto no Ceip Plurilingüe de Portonovo, castañas asadas e chourizos con pan para toda a nosa Comunidade Educativa.
Mil grazas a toda a nosa familia escolar, a ANPA @anpaceipportonovo ; e en especial queremos agradecer a Jesús Vidal, Benito e Suso.
Grazas tamén aos mestres/as pola organización e axuda, e como non ao noso conserxe Alfonso.
Agardamos que a festa fora do voso agrado. Vémonos na seguinte!
Feliz finde familias!🥰
mércores, 13 de novembro de 2024
UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!
Xornada moi enriquecedora a que onte viviron os maiores do noso cole. Recibiron a un grupo de mozos de Malí aos que ensinaron varios xogos tradicionais: petanca, salto a corda e trompos; e cos que practicaron deportes como o baloncesto ou balonmán.
Nenas e nenos puideron preguntar e escoltar de preto a dureza doutra realidade moi diferente á nosa!
Mil grazas a ONG ACCEM por esta oportunidade! E grazas a Mamadou, Moussa, Diadi e todos os seus compañeiros polo seu sorriso!😃
luns, 11 de novembro de 2024
MALETAS VIAXEIRAS
É unha proposta que viaxa polas mans e imaxinacións dos máis pequenos, levando consigo un feixe de historias cheas de maxia, emoción e aprendizaxe. Trátase dunha actividade que mestura tradición oral e literatura infantil, facendo que os contos cobren vida a medida que pasan dun fogar a outro, coma se fosen pequenos tesouros compartidos.Destaca pola súa capacidade para conectar a escola coa casa, fomentando a lectura en familia e creando momentos de complicidade entre nenos e adultos. Cada conto está pensado para ser lido en voz alta, para escoitar e conversar, abrindo portas á reflexión e ao soño.
mércores, 6 de novembro de 2024
SAMAÍN SENSORIAL
Neste Samaín máxico... as nosas pequenas e pequenos de Infantil tamén desfrutaron de actividades moi especiais na aula sensorial. Mirade para aí: creación de cabazas, lectura de contos nunha cova de morcegos, elaboración de monstros, experimentación con apócemas, xogos con mexunxes de meigas, confección de brazaletes e ata pintura de arañas!
Pasámolo terrorificamente ben!!
-
✨ RETO FOTOGRÁFICO DE DECEMBRO Chega un novo mes e con el… o noso último reto do ano! En decembro fotografaremos obxectos de Nadal: luces...
-
🖼✨ Obradoiro de Pintura con Diamantes: unha experiencia creativa para brillar Durante o mes de novembro celebramos un obradoiro moi especia...
-
💜 XA TEMOS VENCENDOR DO RETO FOTOGRÁFICO DE NOVEMBRO Parabéns a todas e a todos os participantes do reto fotográfico de novembro! Un apla...
.webp)

