mércores, 13 de novembro de 2024

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!

Xornada moi enriquecedora a que onte viviron os maiores do noso cole. Recibiron a un grupo de mozos de Malí aos que ensinaron varios xogos tradicionais: petanca, salto a corda e trompos; e cos que practicaron deportes como o baloncesto ou balonmán.
Nenas e nenos puideron preguntar e escoltar de preto a dureza doutra realidade moi diferente á nosa!
Mil grazas a ONG ACCEM por esta oportunidade! E grazas a Mamadou, Moussa, Diadi e todos os seus compañeiros polo seu sorriso!😃



Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRIMEIRO RETO FOTOGRÁFICO DO 2026🕊   Comezamos un novo ano e con el un reto moi especial... Neste mes de paz, reflexión, de promesas e prop...