A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
xoves, 22 de abril de 2021
luns, 8 de marzo de 2021
8 DE MARZO, DIA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe, luns 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. Na biblioteca do CEIP de Portonovo unímonos, como non pode ser doutro xeito, á celebración deste día. Na entrada do centro podedes atopar unha gran variedade de libros escritos por, para ou sobre una muller.
Ademais este curso ímonos centrar na imaxe da muller na ciencia, tendo en conta a situación epidemiolóxica actual. En concreto, decidiuse traballar as aportacións de Lynn Margulis, científica que tivo unha gran repercusión na teoría da evolución.
Convidámosvos a investigar sobre a figura desta gran científica a través dos seguintes recursos:
AUDIOCUENTO "EL BAILE DE LAS BACTERIAS"
venres, 5 de marzo de 2021
RETO LECTOR MARZO
Ola nenos, nenas, docentes e pais!
Xa estamos no mes de marzo e iso significa que... comezamos novo reto! Nesta ocasión temos que ler un libro escrito por, para ou sobre una muller.
Na entrada do colexio tedes unha fantástica selección de libros sobre esta temática. Botádelle unha ollada, hai novidades e libros moi chulos sobre a vida de mulleres extraordinarias.
Seguide así, a sorpresa do reto lector está a medio camiño! 👀😉💪
Un saúdo!
mércores, 10 de febreiro de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Bos días nenos, nenas, profesorado e pais!
Son Brillantina e véñovos a contar que mañá, día 11 de febreiro, se celebra o Día Internacional da muller e a nena na ciencia.
Seguramente coñezades o nome de moitos científicos coma Einstein, Newton, Copérnico, Parteur... Pero, sabedes quen é Caroline Herschel, Ada Lovelace, Rosalind Franklin, Margarita Salas...??
Moitas mulleres ao longo da historia dedicaron a súa vida á investigación científica e lograron facer importantísimos avances sen os que as nosas vidas serían distintas hoxe en día.
Actualmente déronse a coñecer casos de mulleres científicas, os seus traballos foron firmados por homes, véndose silenciadas e marxinadas. Por iso é moi importante coñecer a vida dalgunhas das mulleres científicas máis importantes da historia da ciencia.
AQUÍ déixovos enlaces a xogos interactivos cos que podedes dende o colexio ou dende a casa aprender sobre mulleres científicas de forma moi divertida.
Botádelle unha ollada, son XOGOS MOI ENTRETIDOS!!!!
- EN EL LABORATORIO DE MARIE CURIE. XOGO GENIALLY (@teacher_xolain).
- XOGO INTERACTIVO "DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA" (@aclasede_fun).
- XOGO E INFORMACIÓN INTERACTIVA (Incluye Mujeres espaciales. ¡Completa las misiones!) (http://www.afiestradamestra.gal/) https://view.genial.ly/601fca7211728e0d19282cc3/interactive-image-dia-da-muller-e-da-nena-na-ciencia
- RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO E CASTELÁN (https://www.cientificascasio.com/recursos)
PACK DE ACTIVIDADES: LAS NIÑAS Y LAS MUJERES ENCAJAN EN LA CIENCIA (Aportación de @Miaula2.0).
venres, 5 de febreiro de 2021
RETO LECTOR FEBREIRO
Dixéronme os profesores e profesoras do colexio que estades moi animados co novo reto lector.
Alégrome moito e seguide así, non perdades a ilusión!!!
Como todos sabedes, novo mes, novo reto!
Durante o mes de febreiro anímovos a ler un libro relacionado cun disfrace ou co voso disfrace deste ano.
Na entrada do centro, xa tedes unha selección de libros sobre esta temática, cunha cantidade de aventuras súper divertidas e entretidas.
Seguide paticipando coa mesma ilusión!!!! Téñovos preparada unha sorpresa moi especial!
Un saúdiño!!!
martes, 19 de xaneiro de 2021
RETO LECTOR 2021
Cada mes un libro, cada libro, unha proposta diferente.
Atrévete a superar este reto!
Ola nenos e nenas!
Quérovos presentar unha nova actividade da biblioteca do colexio.
Propóñovos un novo reto lector para darlle a benvida ao 2021.
A actividade é voluntaria. Todos os nenos e nenas que a superen terán unha sorpresa moi especial ao final de curso.
O reto consiste en ler cada mes un libro diferente e cunha temática específica.
Xaneiro: Un libro no que se traballen as emocións (amor, felicidade, amizade, medo...).
Febreiro: Ler un libro relacionado co meu disfrace de Entroido.
Marzo: Ler un libro escrito por unha muller, dedicado a unha muller ou no que a protagonista sexa unha muller.
Abril: Ler un libro cunha portada preciosa.
Maio:Ler un libro sobre a natureza.
Xuño: Un cómic.
Cada mes, unha vez superado o desafío, o voso titor/a daravos unha peza dun crebacabezas. Unha vez superados todos os desafíos, xa poderedes completar a imaxe. Esta será a vosa entrada para a sorpresa final.
Na entrada do centro teredes cada mes un expositor con libros sobre a temática do reto. Se queredes algún libro do expositor, podedes pedirllo ao titor ou titora para ler na clase (non se pode levar de préstamo para casa).
Mirade que chulo o expositor deste mes:
Animádevos a participar!!!
mércores, 13 de xaneiro de 2021
GaliciaLe
GALICIA LE
Bos días nenos/as, profes e pais/nais!
Téñovos unha moi boa noticia! A Xunta de Galicia abriu a todo o público unha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
ENLACE: https://www.galiciale.gal/
Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é unha plataforma na que o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, lector de libros electrónicos e ordenadores.
Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?
-Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dipoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima e solicitar o teu carné.
-Ter un dispositivo compatible e una conta de correo electrónico.
Como ler un libro?
Existen dúas opcións:
-Lectura en liña: Debes dispoñer de conexión a Internet.
-Lectura mediante descarga: Debes ter instalada no teu equipo a aplicación Adobe ID.
-
✨ RETO FOTOGRÁFICO DE DECEMBRO Chega un novo mes e con el… o noso último reto do ano! En decembro fotografaremos obxectos de Nadal: luces...
-
🖼✨ Obradoiro de Pintura con Diamantes: unha experiencia creativa para brillar Durante o mes de novembro celebramos un obradoiro moi especia...
-
💜 XA TEMOS VENCENDOR DO RETO FOTOGRÁFICO DE NOVEMBRO Parabéns a todas e a todos os participantes do reto fotográfico de novembro! Un apla...








