venres, 5 de febreiro de 2021

RETO LECTOR FEBREIRO


                       Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Dixéronme os profesores e profesoras do colexio que estades moi animados co novo reto lector.

 Alégrome moito e seguide así, non perdades a ilusión!!!

 Como todos sabedes, novo mes, novo reto! 

Durante o mes de febreiro anímovos a ler un libro relacionado cun disfrace ou co voso disfrace deste ano. 

Na entrada do centro, xa tedes unha selección de libros sobre esta temática, cunha cantidade de aventuras súper divertidas e entretidas. 


Seguide paticipando coa mesma ilusión!!!! Téñovos preparada unha sorpresa moi especial!

Un saúdiño!!!



martes, 19 de xaneiro de 2021

RETO LECTOR 2021

 


 

Cada mes un libro, cada libro, unha proposta diferente. 

Atrévete a superar este reto!

 

Ola nenos e nenas!

Quérovos presentar unha nova actividade da biblioteca do colexio. 

Propóñovos un novo reto lector para darlle a benvida ao 2021. 

A actividade é voluntaria. Todos os nenos e nenas que a superen terán unha sorpresa moi especial ao final de curso. 

O reto consiste en ler cada mes un libro diferente e cunha temática específica. 

Xaneiro: Un libro no que se traballen as emocións (amor, felicidade, amizade, medo...).

Febreiro: Ler un libro relacionado co meu disfrace de Entroido. 

Marzo: Ler un libro escrito por unha muller, dedicado a unha muller ou no que a protagonista sexa unha muller. 

Abril: Ler un libro cunha portada preciosa.

Maio:Ler un libro sobre a natureza.

Xuño: Un cómic. 

Cada mes, unha vez superado o desafío, o voso titor/a daravos unha peza dun crebacabezas. Unha vez superados todos os desafíos, xa poderedes completar a imaxe. Esta será a vosa entrada para a sorpresa final.

Na entrada do centro teredes cada mes un expositor con libros sobre a temática do reto. Se queredes algún libro do expositor, podedes pedirllo ao titor ou titora para ler na clase (non se pode levar de préstamo para casa).   

Mirade que chulo o expositor deste mes: 

 
 

Animádevos a participar!!! 



mércores, 13 de xaneiro de 2021

GaliciaLe

 GALICIA LE

Bos días nenos/as, profes e pais/nais!

Téñovos unha moi boa noticia! A Xunta de Galicia abriu a todo o público unha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. 

 

 ENLACE: https://www.galiciale.gal/

Que é GaliciaLe?

GaliciaLe é unha plataforma na que o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, lector de libros electrónicos e ordenadores.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?

-Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dipoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima e solicitar o teu carné. 

-Ter un dispositivo compatible e una conta de correo electrónico. 

Como ler un libro?

Existen dúas opcións:

-Lectura en liña: Debes dispoñer de conexión a Internet.

-Lectura mediante descarga: Debes ter instalada no teu equipo a aplicación Adobe ID. 

 





luns, 23 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


25-N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


CONTOS PARA FOMENTAR OS BOS TRATOS



UN MALTRATO SÚTIL (curtametraxe, autor descoñecido). 


LA MITAD DE JUAN. GEMMA LIENAS.


ARTURO Y CLEMENTINA. ADELA TURIN


NI UN BESITO A LA FUERZA. MARION MEBES 


ROSA CARAMELO. ADELA TURIN


LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES. NUNILA LÓPZ


LOS COLORES. (Myriam Nunila)

OUTROS MATERIAIS 

XOGO INTERACTIVO PARA 5º E 6º. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

(AUTORA: https://aclasedefun.blogspot.com/)

sábado, 14 de novembro de 2020

BIBLIOTECA ONLINE


Ola amiguiños e amiguiñas!

Que vos parece se lemos dende a casa?

Nesta entrada podedes acceder a unha biblioteca interactiva, onde atoparedes un montón de libros para escoller!

ANIMÁDEVOS!

"Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez"


PINCHA AQUÍ

👇

BIBLIOTECA INTERACTIVA

domingo, 1 de novembro de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA 2020

 O pasado mércores 28 de outubro celebramos no colexio o Día da Biblioteca. Este curso foi unha conmemoración diferente, pero non por iso menos especial. Brillantina coa axuda dos membros da biblioteca preparou un lote de libros para cada unha das bibliotecas de aula de infantil e primaria. O lote, ademais, viña acompañado dun cómic de Brillantina contándonos a súa experiencia coa situación actual. 

Estas son algunhas das fotografías que nos enviaron os titores e titoras do centro. Encántanos ver tan contentos e entusiasmados aos nenos e nenas cos seus novos libros de lectura!!!