🎙️📻 PORTORADIO ESTÁ DE ESTREA! 🌊✨
O pasado 7 de novembro o alumnado de 2° A presentou as novidades da nosa radio escolar. Entre elas, coñecemos á nosa nova mascota radiofónica... ONDIÑA! 💙 Ela acompañaranos nas emisións e aventuras sonoras do cole, mentres que Risón, a nosa mascota literaria, seguirá levando sorrisos polas páxinas dos libros Xuntos forman un equipo perfecto! A creadora de Ondiña é a artista local @hilosyballenas que ademais de facer estas fermosa fotos, montou este bonito vídeo que recolle toda a maxia do momento vivido na radio. Queremos dar as grazas aos técnicos de radio polo seu fantástico traballo e ao profe de música, que os guiou e acompañou nesta experiencia tan enriquecedora. O alumnado de 2°A de Primaria leva tempo practicando e preparando o seu programa nas clases de Lingua Galega, e o resultado foi espectacular! Parabéns pequenas/os! 👏 Grandes locutores e locutoras! 🎤
Ningún comentario:
Publicar un comentario