🌰MAGOSTO 2025🌰
Esta semana celebramos o noso Magosto! Unha festa tradicional galega que enche o colexio de alegría, convivencia e sabor. Pasámolo en grande cos xogos populares 🎯 e, como manda a tradición, rematamos degustando castañas e chouripáns 😋🔥. Foi un día especial para compartir e seguir fortalecendo os lazos da nosa comunidade educativa. 🙏 Grazas de corazón aos nosos incondicionais Alfonso, Beni e Jesús polo gran traballo de asar as castañas e os chouripáns. Grazas tamén á ANPA polo seu apoio, en especial a Yennifer, Suso e Sara pola súa axuda nesta xornada. E un agradecemento moi especial tamén ao mestre Jorge e a Tere ❤️. Sen vós non sería o mesmo!
Moi ricas. Noraboa ao alumnado de 6° que traballou no reparto
ResponderEliminar