venres, 10 de outubro de 2025

🪑NOVO PROXECTO DE CENTRO😸 

O pasado mércores no noso centro tivemos a oportunidade de vivir unha experiencia única... A PRIMEIRA FOLGA DE CADEIRAS!!! Ao principio todo parecía un soño... O cole toleu! E nada parecía ter sentido... Pero diso nada... Sabemos que sen emoción non hai aprendizaxe!! E resulta que tan só era a ACTIVIDADE INICIAL do novo proxecto de centro: "A VIDA SEGREDA DOS OBXECTOS". 

Sisi, o que vos contamos!!! Este ano para solucionar esta manifestación, todas e todos comprometémonos a dúas misións: 

  1. Coidar de todo o material que nos acompaña día a día. 
  2. Investigar os segredos que gardan os nosos obxectos... Porque serán inanimados, pero eles tamén teñen unha historia, función e moitas cousas que contarnos... 

E aquí estamos nós para darlle voz e quen sabe se vida!! Aventura comezada!! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

A FORZA DO LILA: "UN RETO POLA IGUALDADE” Este mes de novembro, coincidindo co mes da igualdade de xénero e da non violencia 💜,  O  no...