xoves, 27 de febreiro de 2025



Dende o noso centro queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Pere Tobaruela pola súa visita. Foi un verdadeiro privilexio contar coa súa presenza e escoitar de primeira man a súa experiencia, as súas palabras e a súa paixón pola literatura.
O alumnado gozou enormemente desta oportunidade única de coñecer o proceso creativo e de achegarse dun xeito máis próximo ao mundo dos libros. Sen dúbida, encontros como este deixan unha pegada fonda e inspiran a futuras xeracións de lectores e escritoras.
Moitas grazas por compartir o seu tempo con nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

🕰️🎨 VIAXANDO POLO SURREALISMO CON DALÍ 🎨🕰️  O pasado venres, o alumnado de 2º participou nun fermoso obradoiro de arte da man de Yolanda...