venres, 2 de maio de 2025

 🛒 Un carriño cheo de contos… e de ilusión! 📚✨

 Na nosa biblioteca estamos de noraboa! Temos un novo compañeiro de viaxe: un carriño para transportar contos, feito con moito agarimo polas mans habilidosas do noso conserxe Alfonso. Este carriño non é un carriño calquera. Foi construído pensando en achegar os libros a todos os recunchos da escola. Agora os contos poden viaxar polos corredores e polo patio, facendo que a maxia da lectura nos acompañe alá onde vaiamos.

Alfonso, que sempre está disposto a botar unha man, deseñou e fixo este carriño cun deseño práctico e bonito. Grazas ao seu traballo, os libros móvense con facilidade e podemos levar a lectura máis alá das estanterías.

Queremos darlle as grazas máis lectoras e máis sentidas a Alfonso por este detalle tan especial, feito con corazón e con compromiso coa nosa comunidade escolar.

Agora só nos queda encher o carriño… de contos, de aventuras, de soños e de moitas ganas de ler!




 

domingo, 27 de abril de 2025

Descubrindo as Coloquiais: Unha viaxe pola Galicia Máxica!

Esta semana, os nenos e nenas da escola viviron unha aventura chea de maxia, natureza e moita creatividade! Visitamos as Coloquiais, espazos únicos onde están expostas as marabillosas creacións do Proxecto Galicia Máxica, desenvolvido por todo o alumnado .

Cada coloquial representa unha visión diferente da nosa terra: hai herbas máxicas, cantareiras,trasnos, fontes que falan, e ata criaturas máxicas que só os máis atentos poden ver! Estas exposicións naceron da imaxinación, traballo e ilusión do alumnado, que investigou, creou e agora comparte con todos nós os seus recunchos.

O obxectivo da visita? Ademais de desfrutar coas exposicións, os nosos pequenos viaxeiros tiñan unha misión moi especial: votar pola coloquial máis sostible, máis máxica e máis orixinal.


xoves, 24 de abril de 2025

O DÍA DO LIBRO...TAMÉN CANTAN AS PALABRAS🎶

Unha gaiola chea de cantigas agarda ser aberta polos soños dos nenos e nenas de 6º!

Dende a biblioteca, convidamos aos nenos/as a liberar e deixar voar unha cantiga… 

porque cada nota é un conto,

cada voz, unha liberdade

e cada canción… un libro que se canta!




mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO COS NOSOS MAIORES

Hoxe foi un día moi especial: o alumnado de 3º de Primaria visitou o Centro de Día do noso pobo para compartir
lecturas cos nosos maiores.
Libros nas mans, sorrisos nos ollos e moito agarimo no ambiente, nenos e maiores gozaron dunha mañá chea de historias, emocións e complicidade.
Con esta actividade retomamos con moita ilusión a relación entre o noso cole e o centro de día, unha ligazón fermosa que queremos manter viva. Porque ler xuntos tamén é construír pontes entre xeracións, aprender uns dos outros e compartir momentos que permanecen no corazón.
Grazas a todas as persoas que o fixeron posible, en especial a María, directora do Centro de día, e ao Equipo de Biblioteca por esta proposta.
Seguimos sementando xuntos o amor pola lectura!



Con esta campaña queremos conseguir producir este conto ilustrado en formato físico para que quede de recordo entre todo o colexio CEIP Plurilingüe de Portonovo, a súa xente e arredores. O financiamento é para os custos de imprenta, edición e produción.

martes, 22 de abril de 2025

Mil grazas a nosa compañeira Fernanda e aos nenos/as por este bonito traballo! Dende logo, das nosas aulas van sair moitos e moitas artistas!



A idea da profe de ART era familiarizarse e coñecer un chisquiño máis a nova mascota do cole🐱

Por un día foron pintores co modelo posando para eles!
Sentado nunha cadeira, Risón estivo feliz de ser debuxado e pintado polosos nenos/as de 3°, 4° e 6° de Educación Primaria

PRESENTACIÓN DO NOVO OUTFIT

E aquí está o proceso do novo outfit dos axudantes da bibloteca do ceip de Portonovo.