martes, 22 de abril de 2025

Mil grazas a nosa compañeira Fernanda e aos nenos/as por este bonito traballo! Dende logo, das nosas aulas van sair moitos e moitas artistas!



A idea da profe de ART era familiarizarse e coñecer un chisquiño máis a nova mascota do cole🐱

Por un día foron pintores co modelo posando para eles!
Sentado nunha cadeira, Risón estivo feliz de ser debuxado e pintado polosos nenos/as de 3°, 4° e 6° de Educación Primaria

PRESENTACIÓN DO NOVO OUTFIT

E aquí está o proceso do novo outfit dos axudantes da bibloteca do ceip de Portonovo.




Xa presentamos o conto de “A metamorfose” no @ceipportonovo e tamén á nova mascota da bibloteca. Aquí tedes o proceso enteiro de como Yolanda de "Hilos y Ballenas" lle deu vida ao michi Risón.


 A METAMORFOSE

Os presentamos “A metamorfose”, un cuento escrito por el profe Manu Viéitez e ilustrado por Yolanda Martínez.
Queremos publicar este precioso cuento y para ello os necesitamos.
Ayúdanos a conseguirlo a través de la plataforma de @verkami



luns, 14 de abril de 2025

Este 2025 chega cargado de maxia, aventuras e historias que nos fan viaxar sen saír do sitio. A nosa colección de contos medra coas novas incorporacións que fomos adquirindo ao longo do ano, pensadas para todos os públicos pero, sobre todo, para alimentar a imaxinación dos máis pequenos.

A continuación os presento unha pequena mostra.



mércores, 9 de abril de 2025

A clase de ioga para os nenos e nenas de primeiro foi moito máis ca unha sesión de exercicio: foi unha verdadeira viaxe máxica! Nun ambiente cheo de cor, música suave e esterillas coma nubes, os pequenos aventureiros mergulláronse nun mundo onde o corpo e a imaxinación camiñan da man.

 Guiados por María Acevedo doce e chea de enerxía, os nenos e nenas aprenderon posturas básicas de ioga mentres contaban unha historia fantástica. Cada movemento era parte dunha aventura: o can boca abaixo convertíase nun lobiño curioso, a postura da árbore nun bosque encantado, e a do guerreiro... nun valente gardián da Maxia Amarela.

 E que é a Maxia Amarela? Pois é a luz que todos levamos dentro. A profesora explicoulles que aparece cando respiramos fondo, cando axudamos aos demais ou cando cremos en nós mesmos. Durante a clase, os nenos “activaron” esa maxia tocando a barriga cun dedo, sentindo como se acendese unha luz cálida no interior. Ese momento foi tan especial que algúns peques mesmo pecharon os ollos e sorriron sen decatarse.

 Unha experiencia fermosa, ideal para cultivar a concentración, a autoestima e, sobre todo, a alegría. Sen dúbida, a Maxia Amarela chegou para quedar.



mércores, 2 de abril de 2025

 PREMIOS JOSÉ HERMIDA 

No día de onte, o alumando de 6ºB visitou os estudos de Radio Arosa en Vilagarcía. As nenas e nenos coñeceron o funcionamento da Radio e entraron en directo no programa Hoy por Hoy Arosa entrevistando ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.
Estes cativos presentaron un podcast a dito concurso, froito dun longo e enriquecedor traballo. Que teñades moita sorte!!