mércores, 9 de abril de 2025

A clase de ioga para os nenos e nenas de primeiro foi moito máis ca unha sesión de exercicio: foi unha verdadeira viaxe máxica! Nun ambiente cheo de cor, música suave e esterillas coma nubes, os pequenos aventureiros mergulláronse nun mundo onde o corpo e a imaxinación camiñan da man.

 Guiados por María Acevedo doce e chea de enerxía, os nenos e nenas aprenderon posturas básicas de ioga mentres contaban unha historia fantástica. Cada movemento era parte dunha aventura: o can boca abaixo convertíase nun lobiño curioso, a postura da árbore nun bosque encantado, e a do guerreiro... nun valente gardián da Maxia Amarela.

 E que é a Maxia Amarela? Pois é a luz que todos levamos dentro. A profesora explicoulles que aparece cando respiramos fondo, cando axudamos aos demais ou cando cremos en nós mesmos. Durante a clase, os nenos “activaron” esa maxia tocando a barriga cun dedo, sentindo como se acendese unha luz cálida no interior. Ese momento foi tan especial que algúns peques mesmo pecharon os ollos e sorriron sen decatarse.

 Unha experiencia fermosa, ideal para cultivar a concentración, a autoestima e, sobre todo, a alegría. Sen dúbida, a Maxia Amarela chegou para quedar.



mércores, 2 de abril de 2025

 PREMIOS JOSÉ HERMIDA 

No día de onte, o alumando de 6ºB visitou os estudos de Radio Arosa en Vilagarcía. As nenas e nenos coñeceron o funcionamento da Radio e entraron en directo no programa Hoy por Hoy Arosa entrevistando ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.
Estes cativos presentaron un podcast a dito concurso, froito dun longo e enriquecedor traballo. Que teñades moita sorte!!


martes, 1 de abril de 2025

DÍA MUNDIÁL DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, no CEIP Plurilingüe Portonovo, unímonos á conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo para a sensibilización da nosa comunidade educativa e da sociedade na inclusión das persoas con TEA.

Ao longo desta semana levaremos a cabo diferentes accións educativas no noso colexio con este propósito e ao final do mes de abril realizaremos unha xuntanza moi interesante e bonita á que invitaremos a todas as familias a participar xunto con profesorado e alumnado.




Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Hoxe, 2 de abril, no CEIP Plurilingüe Portonovo, unímonos á conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo para a sensibilización da nosa comunidade educativa e da sociedade na inclusión das persoas con TEA.

Depende de todos/todas e cada un/unha de nós e vós.
Ao longo desta semana levaremos a cabo diferentes accións educativas no noso colexio con este propósito e ao final do mes de abril realizaremos unha xuntanza moi interesante e bonita á que invitaremos a todas as familias a participar xunto con profesorado e alumnado.




xoves, 27 de marzo de 2025

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Nesta xornada, os alumnos/as de 3°, contaron coa visita do autor de AXENCIA GALEGA DE ASUNTOS MÁXICOS, un fantástico libro, escrito en galego, que fixo posíbel que os cativos/as se transportaran a un mundo cheo de fantasía!
Miguel Ángel pasou un bo ratiño cos nenos/as nos que compartiron preguntas e curiosidades da lectura deste trimestre, ademáis de levar asinados os seus libros.
Agardamos emocionados/as a segunda parte desta máxica historia. 
Moitísimas grazas polo tempo que pasaches con nós Miguel Ángel! 



mércores, 26 de marzo de 2025

VISITA JORGE CAMPOS:"CAPITÁN LENTELLA"

Ao longo desta semana levaremos a cabo diferentes accións educativas no noso colexio con este propósito e ao final do mes de abril realizaremos unha xuntanza moi interesante e bonita á que invitaremos a todas as familias a participar xunto con profesorado e alumnado.
Hoxe os nenos de 1° e 2° recibiron a visita do gran JORGE CAMPOS ,escritor e ilustrador de CAPITÁN LENTELLA.
Queremos dar as grazas a Jorge pola súa implicación cos nenos/as. Respondeu moitísimas preguntas, ilustrou e asinou todos os libriños!
Unha vez máis, estamos orgullosos de facer medrar a nosa biblio e a mente dos nosos alumnos/a con escritores e escritoras da terra!



xoves, 13 de marzo de 2025

Hoxe vai ser un día moi importante para a nosa biblioteca, grazas a o Teacher Manuel e a Yoli de "Hilos y Ballenas".


    

Continuará...