luns, 27 de xuño de 2022

EXPURGO

 A final de curso fixemos un expurgo de exemplares da Biblioteca. Retiramos libros estragados e outros que non se retiraban en empréstimo dende fai moito tempo.

Os libros expurgados puxémolos en exposición para escollelos como libros de aula ou para levar para casa. Todos nós puidemos escoller e levar o que nos interesou.

Grazas, Brillantina por este agasallo que nos fixeches.






FESTA FIN DE CURSO

 Por fin chegóu o día de celebrarmos o final do curso, por suposto coa celebración do aniversario do cole. Cantámoslle nunha festa todos xuntos, na que non puido faltar a degustación da tarta de aniversario. 

Parabéns ceip de Portonovo!!!!











PROXECTO DO CENTRO

 Este curso o noso cole celebrou o 50 cumpreanos, por iso durante todo o ano traballamos esta temática como o noso Proxecto de Centro e o celebramos cunha exposición en varias zonas do cole de moitas das cousas que fumos facendo e elaborando. Aquí vai unha pequena mostra...








O HOME ORQUESTRA

 O día 18 de maio tivemos a sorte de disfrutar todos xuntos da actuación do home orquestra que nos divirteu a todos e todas coa súa música e simpatía. Pasámolo fenomenal!




CELEBRAMOS OS MAIOS

 O día 28 de abril tivemos no cole a celebración do día dos Maios.

Os alumnos de 6º prepararon o Maio que se elaborou grazas as aportacións de material de todas as familias. 

Parabéns a todos polo traballo ... e pola festa!




luns, 23 de maio de 2022

CONTACONTOS EN INFANTIL

 Hoxe tivemos a fortuna de contar cuns contacontos moi espaciais en infantil, os mellores contacontos.

Moitas gracias os nenos e nenas de 5º.










DÍA DO TEATRO

 Aproveitando o bo tempo saímos o patio a celebrar o Día do Teatro. Que conto tan bonito nos contaron os alumn@s de 5º. Moitas gracias rapaces!!