luns, 21 de marzo de 2022

O ABRIGO MISTERIOSO


O ALUMNADO DE 5ºB COMPARTE CO NOSO BLOG ESTE PRECIOSO TRABALLO QUE FIXERON SOBRE ALGÚNS LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA. SEGURO QUE VOS GUSTA TANTO COMO A MIN!!!




 

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

 

Brillantina preparounos unha exposición de libros de Poesía da nosa Biblioteca para conmemorar este día tan especial. Agarda que vos guste!





 

mércores, 16 de marzo de 2022

Charla Alioune Kane sobre Senegal

Nenos e nenas con motivo da lectura do libro Lúa de Senegal nas aulas de 5º, véunos visitar Alioune Kane para contarnos cousas do séu país. Canto disfrutamos!


 




Feliz Aniversario do cole

 

Ola amiguiños e amiguiñas. Son eu, Brillantina.

 

Tiña moita gana de falar con vós para dicirvos o feliz que me sinto de celebrar con todos o Aniversario do cole.

Sí, como xa sabedes, este ano o noso cole cumple 50 anos. As obras empezaron un día 1 de marzo de 1972 e nese mesmo ano, o 30 de setembro, remataron as obras. Queredes saber como o souben? Porque o pon nunha placa de pedra que hai na entrada do noso cole. Fixádevos mañán ao entrar ou saír.

 

Por este acontecemento, ocórreseme, que entre tod@s,  a través das vosas familias, poderíamos, entre outras cousas, compilar material escolar da época para investigar a través dos mesmos, a evolución da historia escolar, en concreto, do  noso centro.

Por iso, meus amig@s, propóñovos, que preguntedes as vosas familias, se gardan antigo material escolar, como; libros de texto, cadernos, estoxos, mapas, contos, carteiras... non sei, todo o que se usaba na escola cando os vosos pais ou avós eran pequenos. E se é así, poderíades comentárlle ás  vosas familias, se nolo prestan para poder utilizalo nas nosas investigacións de aula, e logo, compartilo con tod@s a través dunha  exposición. Para iso, recoméndovos, que o préstamo que compartades, veña moi ben identificado dende a casa, co nome da persoa que o presta, e tamén, co nome do actual alumno, para evitar extravíos. Seguramente, que estes obxectos, son moi valorados  polas  persoas que os gardaron, e non desexamos que se perdan agora!.

 

Así que, invítovos, a que todos e todas, na medida que vos sexa posible, colaboredes, nesta investigación.

 Graciñas amiguiñ@s pola vosa axuda, e falamos ben axiña.

 Moitos bicos,

 

Brillantina


 

 

 


 

 

 

 

 

 

mércores, 3 de novembro de 2021

24 outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS


O DÍA DAS BIBLIOTECAS FUMOS RECOLLER A MOCHILA VIAXEIRA QUE BRILLANTINA NOS PREPARAU COMO AGASALLO PARA ESTE CURSO. PUIDEMOS FELICITALA PORQUE CUMPRE 50 ANOS. PARABÉNS, BRILLANTINA!!!😘😘😘

















 


martes, 2 de novembro de 2021

CARTA DE BRILLANTINA

 

Estimadas familias:

Son Brillantina, a amiga extraterrestre que habito na biblioteca do colexio, tras un ano máis, cheguéi dunha longa viaxe a través do espacio. Gustaríame compartir de novo, moitas aventuras, experiencias, e coñecementos con vós a través da maxia dos libros. Por iso, prepareivos esta mochila, para que viaxe cada semana a casa dunha familia da  clase. Nesta mochila viaxeira, metín tres libros.

Anímovos a gozar da experiencia!

Con cariño

A vosa amiga Brillantina.

 

AVISO FAMILIAS

 Mandamos aviso ás familias de que a Biblioteca do CEIP de Portonovo abrirá tamén polas tardes a partir do 3 de novembro.

O Horario será de 4 a 6 da tarde os Luns e os Mércores.

Poderá facerse préstamo polas tardes dun máximo dun libro, ou material audiovisul, que terá que ser devolto tamén pola tarde. Tamén está pensado para poder vir a disfrutar da lectura, a facer traballos ou agardar por irmáns que estean en actividades extraescolares.

O aforo será limitado seguindo as normas do Protocolo Covid, e haberá que desinfectar mans ao entrar e limpar o espazo que usemos ao marchar.

Grazas por todo,

Equipo de Biblioteca.