A FORZA DO LILA: "UN RETO POLA IGUALDADE”
A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
mércores, 12 de novembro de 2025
XA TEMOS VENCEDORA DO MES DE OUTUBRO:
👏 Parabéns a gañadora e a todas as persoas que participaron! As vosas fotos amosaron moita creatividade e imaxinación.
O reto continúa no mes de novembro con novos obxectos protagonistas…
📅 ¡Animádevos a participar e a seguir descubrindo a vida secreta que se agocha nas cousas de cada día!
sábado, 8 de novembro de 2025
🎙️📻 PORTORADIO ESTÁ DE ESTREA! 🌊✨
xoves, 6 de novembro de 2025
domingo, 2 de novembro de 2025
SAMAÍN 2025 🕸
O espírito do Samaín apoderouse de nós!! 👻 Entre risas, noxo, sustos e moita imaxinación… vivimos unha xornada terrorificamente divertida! 🎃 💀 Atrevémonos a entrar no noso túnel tenebroso… e só os máis valentes descubriron o que nel se agochaba! 🕷 Creamos vasoiras máxicas, aptas para auténticas meigas profesionais, e probámolas nunha carreira chea de emoción! 🍬 Para rematar, repuxemos forzas cunha merenda deliciosamente espeluznante!
O CORPO HUMANO BAIXO O RAIO X💥
O pasado venres 24, o alumnado de 2º de Educación Primaria tivo unha visita moi especial e interesante!
María, unha nai colaboradora ❤️, achegouse á biblioteca para falarlles duns tipos de fotografías moi especiais que permiten ver o corpo por dentro... coma se fora maxia! ✨
Trouxo radiografías antigas 🩻 para amosar distintas partes do corpo, explicar como medran os nenos 👧👦, como son as fracturas 🦴, as vértebras… e moito máis!
Xurdiron moitas preguntas 💭, compartíronse historias persoais e todos aprenderon un pouquiño máis sobre o corpo humano dende a perspectiva médica dunha radióloga 👩⚕️.
🙏 Grazas, María, por compartir unha mañá tan educativa e divertida co noso alumnado de 2°! 🌟
🌈✨ OBRADOIRO PLASTILINA CONDUTIVA!
Ola, pequenos inventores e inventoras!
Durante o mes de outubro fixemos algo moi especial: o primeiro obradoiro de plastilina condutiva 🎉. Si, si, plastilina... que conduce a electricidade!
Descubrimos que hai plastilina condutiva (que deixa pasar a electricidade). Aprendemos a facer circuitos eléctricos moi sinxelos, usando luces LED, pilas e cables. E o mellor de todo… ¡as nosas creacións iluminábanse de verdade! 💡
Ademais de xogar coa ciencia, tamén houbo espazo para a creatividade. Cada neno/a elaborou as súas propias esculturas luminosas, combinando arte e tecnoloxía nunha mestura perfecta de STEAM.
Foi unha actividade chea de risas, cores e descubrimentos. Agradecemos moitísimo a todos os nenos e nenas que participaron.
E se non puideches vir… ¡non pasa nada! Moi pronto faremos outro obradoiro para seguir creando cousas brillantes coa electricidade e a plastilina máxica. ⚡🎨
A FORZA DO LILA: "UN RETO POLA IGUALDADE” Este mes de novembro, coincidindo co mes da igualdade de xénero e da non violencia 💜, O no...
-
📚 Recomendacións lectoras para nenos e nenas neste verán 🌞 O verán é tempo de lecer, sol e tamén... de boas lecturas! A lectura durante as...
-
HOXE TOCA!!! Antía, Manuel e Pablo, de 5°, contáronlle aos rapaces de 2°B o conto 'Las mariquitas no pueden esconderse' de Jacob Sou...
-
BRILLANTINA DEIXANOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA QUE CONTINUEDES A DESFRUTAR DE MARABILLOSAS VIAXES LECTORAS NO VERÁN...