A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
martes, 17 de febreiro de 2026
mércores, 11 de febreiro de 2026
✨🔬 AS NOSAS CIENTÍFICAS DO FUTURO
venres, 6 de febreiro de 2026
🎉🎭 ENTROIDO: COR, FANTASÍA E LEDICIA
Parece que aquí non para de chover… 🌧️ pero nós temos moi presente iso de que ao mal tempo, boa cara Chega o mes da cor , da fantasía , da ledicia e da troula . E o noso reto fotográfico vai xusto de iso:Mándalle a Rison o teu obxecto favorito de Entroido e comparte con todos aquilo que che alegra o corazón nesta tradición tan nosa 😉 📩 orecunchoderison@gmail.com
OS MANDADOS DO GHATO 😺🎭
LUNS 🧢 Para comezar ben a festa, o Ghato manda sen protesta: gorro, gorra ou sombreiro traerás, e coma un rei o pasearás.
MARTES 👠👞 Se o martes queres brincar, o Ghatiño manda combinar: zapatos diferentes,...e todos a saltar e brincar!✨
MÉRCORES 🛌 Se o mércores queres soñar, o aghato manda descansar: en pixama ao cole virás, bocexando… e non protestarás. 😴💤
XOVES 🎉 O xoves toca imaxinar, mestura, inventa e deixa voar: disfraz toliño e especial, canto máis raro… máis xenial! 🤪🎨
VENRES 🎭 Para pechar esta semana, o Ghato berra pola mañá: disfraz con obxectos sen medo nin reparo, celebramos o Entroido… que comece o descaro!
Mural da entrada do cole terminado! Grazas a todos os súper profes do ceipportonovo por darme tanto agarimo esta semana.Grazas por deixarme...
-
📚 Recomendacións lectoras para nenos e nenas neste verán 🌞 O verán é tempo de lecer, sol e tamén... de boas lecturas! A lectura durante as...
-
✨ RETO FOTOGRÁFICO DE DECEMBRO Chega un novo mes e con el… o noso último reto do ano! En decembro fotografaremos obxectos de Nadal: luces...
-
💜 XA TEMOS VENCENDOR DO RETO FOTOGRÁFICO DE NOVEMBRO Parabéns a todas e a todos os participantes do reto fotográfico de novembro! Un apla...