venres, 23 de xaneiro de 2026

OBRADOIRO DECORACIÓN DE CADERNOS📕

Durante os meses de decembro e xaneiro realizamos no centro un obradoiro de decoración de cadernos, no que o alumnado puido deixar voar a súa creatividade.
Usando distintos materiais, cores e ideas, cada neno e nena personalizou a súa libreta ao seu gusto, conseguindo resultados moi orixinais. Ademais de pasalo ben, o obradoiro serviu para traballar a imaxinación, a expresión artística e compartir un rato diferente cos compañeiros e compañeiras.
Foi unha actividade moi entretida e o alumnado quedou encantado coas súas creacións.



domingo, 11 de xaneiro de 2026

PRIMEIRO RETO FOTOGRÁFICO DO 2026🕊 

Comezamos un novo ano e con el un reto moi especial... Neste mes de paz, reflexión, de promesas e propósitos... Propoñémosvos que busquedes un obxecto que vos identifique e que nos mandedes a súa foto!! E... Xa que estamos en confianza contámosvos que os profes fixemos este xogo no primeiro trimestre... E, aparte de rir un bo rato, descubrimos que somos un claustro moi variado... Cun imperdible, unha cometa, un reloxo, unha chave, uns patíns, un flotador, unha pelota de fútbol, unha taza de café, un baúl, un caleidoscopio... E moitos máis... Quen é quen si que é segredo de sumario 🤫 Animádevos a darlle vida ao mundo dos obxectos con nós!! orecunchoderison@gmail.com






📸 RETO FOTOGRÁFICO NADAL 2025 ✨

O gañador do último reto fotográfico de 2025 foi Óliver, de Educación Infantil. Grazas a el e á súa familia por compartir con nós esa fermosa imaxe chea de emoción e creatividade. 💛 Queremos agradecer tamén a participación de todas as persoas que enviaron as súas fotografías. Foi realmente difícil escoller unha soa… Grazas por facelo tan especial!



Mural da entrada do cole terminado!  Grazas a todos os súper profes do ceipportonovo por darme tanto agarimo esta semana.Grazas por deixarme...