O NADALl! ✨
As nenas e nenos de 3º deséxanvos un Feliz Nadal, cheo de ilusión, ledicia e bos momentos en familia. 🎄💫
A CASA DE RISÓN - BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE PORTONOVO
Chegan as vacacións de Nadal, un tempo perfecto para baixar o ritmo, compartir momentos e crear lembranzas en familia 💛 Dende PortoBiblio animámosvos a reservar cada día un pequeno espazo para ler xuntos cos vosos fillos e fillas: un conto antes de durmir, unha historia no sofá ou unha lectura compartida ao sol dun día tranquilo. Ler en familia fortalece vínculos, alimenta a imaxinación e converte os libros en fogar. Que este Nadal veña cargado de historias, emocións e tempo compartido.
As nenas e nenos de 6º comezan unha viaxe polo mundo a través dun símbolo moi especial: as bandeiras 🚩. Ao longo da súa investigación descubrirán as bandeiras de distintos países, os súas cores, formas e símbolos, afondando no seu significado e nas historias que representan. A través deste obxecto achegaranse a conceptos como identidade, cultura e diversidade, comprendendo que, aínda sendo diferentes, formamos parte dun mesmo mundo. Mediante a observación, a investigación e o diálogo, o alumnado aprenderá a mirar máis alá das fronteiras e a valorar a riqueza cultural que nos une. Comeza a aventura… listas para izar as bandeiras do mundo! 🌎
Este trimestre, as nenas e nenos de 5º comezan unha nova aventura de aprendizaxe arredor dun obxecto moi presente no noso día a día: a cafeteira.A partir dela investigarán como funciona, que tipos existen, a súa historia, as partes que a compoñen e os cambios que foi experimentando co paso do tempo. Observaremos, faremos preguntas, formularemos hipóteses e descubriremos como a ciencia, a tecnoloxía e a vida cotiá están máis unidas do que pensamos. Porque aprender tamén é mirar con curiosidade os obxectos que nos rodean e entender o mundo dende eles. Comezamos a investigación… estades preparados?
E no noso PDI non podía faltar a parte máis lúdica, imprescindible na vida: O XOGO.
As nenas e nenos de 4º escolleron como obxecto de estudo o PLAYMOBIL. Este pequeno xoguete, creado en 1974, segue a inspirar a pequenos e maiores a imaxinar, crear e soñar con mundos mellores.
O alumnado de 1º continúa descubrindo a vida segreda dos obxectos e, nesta ocasión, o protagonista é… o COCHE!
Entre curiosidades, historias e moita imaxinación, están aprendendo todo o que este obxecto agocha e o que pode chegar a contar.
Prepárate para ver ideas brillantes, investigacións divertidas e traballiños que van rodar moi lonxe! 😉💡
Chega un novo mes e con el… o noso último reto do ano! En decembro fotografaremos obxectos de Nadal: luces, adornos, estrelas, boliñas, beléns… todo aquilo que vos lembre esta época tan especial 🎄⭐✨ 📩 Non esquezas enviarnos a túa foto ao correo: orecunchoderison@gmail.com Lembrade: Só é necesario unha fotografía por neno/a para participar no concurso. O obxecto ten que ser o protagonista! Estamos desexando ver as vosas creacións! 📷
Parabéns a todas e a todos os participantes do reto fotográfico de novembro! Un aplauso especial para Marc de 2º A, que conseguiu alzar a súa pulsera violeta con moita creatividade e sensibilidade.
Grazas por seguir enchendo o noso cole de maxia, ilusión e oportunidades para aprender a través da imaxe.
PRIMEIRO RETO FOTOGRÁFICO DO 2026🕊 Comezamos un novo ano e con el un reto moi especial... Neste mes de paz, reflexión, de promesas e prop...